AMANTES DA TERRA

Continue

Unha fusión ideada por Queiman e Pousa coa participación da Banda de Unión de Lantaño, as Corais de Vales Mahía e Salvaldor de Camanzo, Grupo de Gaitas e Baile Foula, o actor Bruxo Queiman e a cantante Andrea Pousa, nun único espectáculo no que interpretan en directo temas musicais inéditos compostos con textos de Antón Fraguas. Para isto, acompañárase da arte doutros escritores e persoeiros galegos recoñecidos que lle serviron de inspiración, coma:

Rosalía de Castro, na que se inspirou para manter viva a voz do pobo Galego.

Castelao, a lección dun mestre.

Domingo Fontán, quen lle puxo a cara a Galicia.

E tantos outros que foron a nosa voz e a nosa memoria desde hai moitos anos, Ricardo Portela (o gaiteiro de Cotobade), Antón Losada Diéguez (o gran irmán maior), Núñez Búa (amigo exiliado en Arxentina), Alexandre Bóveda, Faustino Santalices (difusor da zanfoña), Perfecto Feijóo (primer folclorista galego)

O espectáculo tamén inclúe unha demostración dos traxes tradicionais da zona de Pontevedra, inspirado no libro de Antón Fraguas. E tamén faise fincapé no Entroido de Marín e Pontevedra.

En definitiva, unha fusión de arte pouco habitual de declamación, canto, música e baile que envolve o público nun halo elegante, creativo, e asemade próximo, tanto polo sentimento que esconde detrás de cada verba ou nota coma pola novidade e amplitude do público que abarca.

 

Para todos os públicos

 90 min

VIDEO AMANTES DA TERRA