MÍLSON’S

Continue

MíLSON’S é un espectáculo-concerto que mistura dun  novo xeito  o legado tradicional como son as cantigas mariñeiras ou as recollidas nos cantos de taberna, con ritmos e melodías máis actuáis.

Unha atractiva e orixinal proposta , tanto sonora como visual, cunha estética coidada no vestiario e na escenografía.

O grupo está formado por músicos cunha amplia traxectoria internacional no mundo folk. Presentes en Festivais como: “Festival Intercéltico de Ortigueira” ou “Festival de Lorient”.

MÍLSON´S son:

Bruxo Queiman: voz principal.

Suso Feixón: percusión, voz, programacións e ambientes.

Samuel Soto: bouzouki , guitarra eléctrica, pandereta e voz.

Andrés Lorenzo: gaita e voz.

Abraham Fdez: gaita e voz.

Penedo: didgeridoo e percusión.

Para todos os públicos

De 60 min a 90 min

https://www.youtube.com/watch?v=xVl2bwEn1gQ