AMANTES DA TERRA

Continue

Un espectáculo de Queiman e Pousa que mostra a fusión musical e poética con voces e danzas e que pon en valor o rico patrimonio galego.

“Falar de Galicia é falar dunha terra de poetas, escritores e folcloristas que contribuíron a manter viva a nosa cultura, a nosa lingua e as nosas tradicións”.

“Amantes da Terra” foi concibido como un espectáculo contemporáneo para homenaxear os intelectuais galegos, entre os que está moi presente resaltar a labor da XENERACIÓN NÓS.

Domingo Fontán, Rosalía de Castro, Castelao, Ricardo Carvalho Calero, Alexandre Bóveda, Perfecto Feijoó e tantos outros son tamén o eixe deste espectáculo, que pretende ser unha homenaxe tanto aos persoeiros galegos como ás tradicións e ao folclore da nosa terra.

Para todos os públicos

 90 min

VIDEO AMANTES DA TERRA